Volver a Series
Bechos
Sinopsis
Bechos é a nova serie de animación para primeiros espectadores producida por Undodez para a Televisión de Galicia. Dirixido por Andrés e Laura Mahía sobre os deseños desta última, Bechos achéganos, a través das aventuras de catro animaliños, valores como o respecto pola natureza, a necesidade de compartir e reciclar e a importancia da amizade.
Estado
Ended
Creado Por
Saúl Rivas, Sofía García
Cadena
Televisión de Galicia
Temporadas y Episodios

Temporada 1
O xabaril Xurxo, a raposa Catuxa, a vaca Margarida e a toupa Xiana quedan no parque para xogar todos os días. Coas súas historias aprendemos o respecto pola natureza, a necesidade de reciclar e o valor da amizade.
Episodios

A mellor bicicleta do mundo
Xurxo e Catuxa andan correndo nas súas bicicletas e estráganas ao bater entre si.

A gran sorpresa branca
Vai moito frío no parque e case todo o mundo está na casa.

O aniversario
Xurxo está moi contento e con ganas de xogar, pero non atopa o resto das súas amigas. Que pasa? Por que escapan todas del?

De quen será?
Catuxa, Xurxo, Xiana e Margarida atopan unha mochila no parque.

Medras ou non?
Fai moita calor no parque e a bichería ten gana de merendar despois de refrescarse no río.

O amigo americano
Hai un novo amigo no parque. Quen será?

Papaventos
A bichería está xogando ao balón no parque e escápalles seguido.

Parece que vai chover
Unha tromba de auga chega ao parque.

Salvamento marítimo
É un día especial, a bichería vai á praia! Alí gozarán da area, da auga e dos sons do mar.

Unha grande artista
Xiana está pintando no parque e non quere xogar con Xurxo, Catuxa e Margarida.
Reparto Principal

Xosé A. Touriñán
Xurxo

Laura Mahía
Catuxa
Laura Canto
Xiana
Patricia Castrillón
Margarida

Marita Martínez
Señora Osa
Santi Jul
Voz en off
Andy Mahía
Señor Lobo




